Juan Antonio Saavedra acada a quinta medalla para Galicia nos Xogos Paralímpicos. Conseguiu a prata en tiro e quedou a só dúas décimas do ouro.
Fálase
Esperanza Aguirre "ten pechado un acordo" dende hai días con Sheldon Adelson para instalar EuroVegas en Alcorcón, segundo Tomás Gómez, líder dos socialistas en Madrid.
Consumo di que "polo momento" non ten "límite ningún" para a arbitraxe sobre as preferentes, polo que continuará co seu labor.
A esquerda abertzale confirma que mantén aberta unha liña de diálogo co PSE e asegura que pretende conversar tamén co PP.
O Goberno anticipa 120 millóns de axuda a Catalunya. A autonomía pide o adianto para facer fronte ao pago de nóminas e concertos, segundo fontes populares.
O Goberno non prevé acelerar a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos. Así o asegura o secretario de Estado de Seguridade Social, Tomás Burgos.
Manuel M. Barreiro escribe en El País que "a desinformación será o recurso estrela" do PP nas eleccións pois "un cidadán ben informado é o inimigo máis temible dun goberno fracasado"
Turgalicia promociona como casa de turismo rural o pazo no que vive Mario Conde. Revélao Faro de Vigo na súa edición de Ourense.
Os clientes particulares de Novagalicia retiran 3.500 millóns logo do escándalo das preferentes. O malestar provocou esta fuxida de clientes nos primeiros seis meses do ano, segundo conta El Confidencial.
A esta hora comeza a xuntanza entre a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e representantes de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas. A convocatoría é só para a prensa gráfica e, posteriormente, a alto cargo da Xunta atenderá en solitario á prensa.