Consumo di que "polo momento" non ten "límite ningún" para a arbitraxe sobre as preferentes, polo que continuará co seu labor.
Fálase
A esquerda abertzale confirma que mantén aberta unha liña de diálogo co PSE e asegura que pretende conversar tamén co PP.
O Goberno anticipa 120 millóns de axuda a Catalunya. A autonomía pide o adianto para facer fronte ao pago de nóminas e concertos, segundo fontes populares.
O Goberno non prevé acelerar a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos. Así o asegura o secretario de Estado de Seguridade Social, Tomás Burgos.
Manuel M. Barreiro escribe en El País que "a desinformación será o recurso estrela" do PP nas eleccións pois "un cidadán ben informado é o inimigo máis temible dun goberno fracasado"
Turgalicia promociona como casa de turismo rural o pazo no que vive Mario Conde. Revélao Faro de Vigo na súa edición de Ourense.
Os clientes particulares de Novagalicia retiran 3.500 millóns logo do escándalo das preferentes. O malestar provocou esta fuxida de clientes nos primeiros seis meses do ano, segundo conta El Confidencial.
A esta hora comeza a xuntanza entre a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e representantes de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas. A convocatoría é só para a prensa gráfica e, posteriormente, a alto cargo da Xunta atenderá en solitario á prensa.
Boa parte da prensa catalá centra hoxe a súa atención nos movementos internos do PSC. Os socialistas de Catalunya atópanse ante dúas disxuntivas: a participación ou non na manifestación independentista da Diada e a celebración ou non de primarias abertas. En Ara.
O paro subiu en agosto en máis de 38.000 persoas en España, chegando a 4.625.634 persoas rexistradas, ao tempo que descende o número de afiliados á seguridade social. En Galicia, en cambio, o desemprego descendeu en 2.931 persoas.