O Goberno anticipa 120 millóns de axuda a Catalunya. A autonomía pide o adianto para facer fronte ao pago de nóminas e concertos, segundo fontes populares.
Fálase
O Goberno non prevé acelerar a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos. Así o asegura o secretario de Estado de Seguridade Social, Tomás Burgos.
Manuel M. Barreiro escribe en El País que "a desinformación será o recurso estrela" do PP nas eleccións pois "un cidadán ben informado é o inimigo máis temible dun goberno fracasado"
Turgalicia promociona como casa de turismo rural o pazo no que vive Mario Conde. Revélao Faro de Vigo na súa edición de Ourense.
Os clientes particulares de Novagalicia retiran 3.500 millóns logo do escándalo das preferentes. O malestar provocou esta fuxida de clientes nos primeiros seis meses do ano, segundo conta El Confidencial.
A esta hora comeza a xuntanza entre a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e representantes de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas. A convocatoría é só para a prensa gráfica e, posteriormente, a alto cargo da Xunta atenderá en solitario á prensa.
Boa parte da prensa catalá centra hoxe a súa atención nos movementos internos do PSC. Os socialistas de Catalunya atópanse ante dúas disxuntivas: a participación ou non na manifestación independentista da Diada e a celebración ou non de primarias abertas. En Ara.
O paro subiu en agosto en máis de 38.000 persoas en España, chegando a 4.625.634 persoas rexistradas, ao tempo que descende o número de afiliados á seguridade social. En Galicia, en cambio, o desemprego descendeu en 2.931 persoas.
Esquerda Unida e Equo mantiveron unha xuntanza este luns para analizar a posibilidade de conformar unha fronte ampla de esquerdas con outras forzas. Equo-Galicia celebrará este martes unha asemblea extraordinaria para aprobar de que forma se presenta ás eleccións do 21-O.
Núñez Feijoo e Pachi Vázquez acordan celebrar un debate electoral, despois de que Alfonso Rueda respondese favorablemente á oferta de "debate sen condicións" do PSdeG-PSOE. O PP apostara hai uns días por debater por separado con Vázquez e Jorquera. Máis información nuns minutos en Praza.