Núñez Feijoo e Pachi Vázquez acordan celebrar un debate electoral, despois de que Alfonso Rueda respondese favorablemente á oferta de "debate sen condicións" do PSdeG-PSOE. O PP apostara hai uns días por debater por separado con Vázquez e Jorquera. Máis información nuns minutos en Praza.
Fálase
Hai 43 anos dous ordenadores intercambiaron datos por primeira vez na historia. Foi en 1969 na Universidade de California.
El Periódico afirma na súa portada que O PSC move peza e explica que o secretario do partido, Pere Navarro, apartou a Nadal e Iceta da dirección parlamentaria e deulle liberdade aos militantes socialistas para acudir á maniifestación independentista do 11 de setembro.
Un lume declarado na parroquia de Palmeira, en Ribeira, avanza rapidamente e provoca xa o corte da vía rápida do Barbanza (imaxe via @chifer_abalo)
Feijóo di que "lle gustaría" que o BNG faga "algunha proposta" de debates electorais "para saber cantos e como temos que debater". Os conservadores apostan por un esquema de debates a dúas bandas.
Cayo Lara avala as negociacións de Esquerda Unida con Anova. O coordinador federal de IU coida que a conformación dunha "coalición de esquerdas" en Galicia vai "por bo camiño".
O FROB confirma que inxectará outros 4.500 millóns en Bankia. Pode lerse o comunicado aquí.
Eldiario.es recolle unha gravación na que a presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, censura a presenza dun equipo de TeleMadrid nunha visita que estaba a realizar a unha zona afectada polo lume, ao non estar previsto polo seu Goberno que fose recollida pola prensa.
A troika propón a Grecia aumentar a seis días a semana laboral. Os enviados do BCE, Bruxelas e o FMI chegan este martes a Atenas para negociar novos axustes.
Rueda responde á carta remitida por Pachi Vázquez a Feijóo para organizar un debate electoral. Ao conselleiro da Presidencia e xefe de campaña do PP "agrádalle" que o candidato socialista acepte debates "a dous" e "prégalle" a Vázquez que "lle indique a persoa responsable por parte do PSdeG" para "iniciar canto antes as conversas".