Un lume declarado na parroquia de Palmeira, en Ribeira, avanza rapidamente e provoca xa o corte da vía rápida do Barbanza (imaxe via @chifer_abalo)
Fálase
Feijóo di que "lle gustaría" que o BNG faga "algunha proposta" de debates electorais "para saber cantos e como temos que debater". Os conservadores apostan por un esquema de debates a dúas bandas.
Cayo Lara avala as negociacións de Esquerda Unida con Anova. O coordinador federal de IU coida que a conformación dunha "coalición de esquerdas" en Galicia vai "por bo camiño".
O FROB confirma que inxectará outros 4.500 millóns en Bankia. Pode lerse o comunicado aquí.
Eldiario.es recolle unha gravación na que a presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, censura a presenza dun equipo de TeleMadrid nunha visita que estaba a realizar a unha zona afectada polo lume, ao non estar previsto polo seu Goberno que fose recollida pola prensa.
A troika propón a Grecia aumentar a seis días a semana laboral. Os enviados do BCE, Bruxelas e o FMI chegan este martes a Atenas para negociar novos axustes.
Rueda responde á carta remitida por Pachi Vázquez a Feijóo para organizar un debate electoral. Ao conselleiro da Presidencia e xefe de campaña do PP "agrádalle" que o candidato socialista acepte debates "a dous" e "prégalle" a Vázquez que "lle indique a persoa responsable por parte do PSdeG" para "iniciar canto antes as conversas".
Nos Xogos Paralímpicos, cuarto posto para o naronés Guillermo Rodríguez en tiro con arco, despois de perder a final polo bronce ante o turco Dogan Hanci por 6-2.
O BNG vén de presentar no Congreso dos Deputados unha pregunta escrita sobre medios comunitarios e a súa exclusión na adxudicación de licenzas de FM
Uns 3.400 afectados polas preferentes en Vigo solicitaron xa a arbitraxe, segundo informa a Xunta nun comunicado.