Uns 3.400 afectados polas preferentes en Vigo solicitaron xa a arbitraxe, segundo informa a Xunta nun comunicado.
Fálase
Moz@s pola Abolición lanza a campaña #ocaralloTVE para denunciar o regreso das touradas á televisión pública, e ademais en horario infantil.
Gómez Noya gaña o campionato profesional dos EUA. O galego supera o campión olímpico, Alistair Brownlee, en Des Moines e demostra o seu excelente estado de forma tras a medalla de prata acadada en Londres.
Un grupo de afiliados da CUT ocupan o ambulatorio Concepción Arenal de Compostela reivindicando a atención sanitaria universal e en protesta polo decreto do Goberno central que deixa fóra as persoas migrantes sen papeis
A empresa concesionaria da autoestrada Santiago-Ourense (AP-53) castelaniza o topónimo ourensán nunha guía turística que ofrece nas súas cabinas de peaxe
Méndez (UGT) advirte a Rajoy de que haberá "resposta" aos ataques do Goberno, ao que acusa de "quentar o outono" nunha entrevista na Cadena Ser.
Os boletíns oficiais das catro provincias galegas publican este luns as relacións de seccións, locais e mesas electorais para os comicios do vindeiro 21 de outubro
Esta mañá o PP proclama en Madrid a Alberto Núñez Feijóo como candidato á reelección. O presidente da Xunta será aclamado polos conservadores galegos nun acto con militantes en Santiago, o vindeiro sábado.
Anova "esixe responsabilidades" á Delegación do Goberno polas últimas actuacións da Policía en Galicia logo da intervención das forzas de seguridade contra os afectados polas preferentes que se manifestaron en Soutomaior ante Rajoy.
Rosa Díez asegura que o "desbarajuste" da política galega non beneficia ao seu partido, porque o voto a UPyD é "moi pensado e razoado". En La Región.