Méndez (UGT) advirte a Rajoy de que haberá "resposta" aos ataques do Goberno, ao que acusa de "quentar o outono" nunha entrevista na Cadena Ser.
Fálase
Os boletíns oficiais das catro provincias galegas publican este luns as relacións de seccións, locais e mesas electorais para os comicios do vindeiro 21 de outubro
Esta mañá o PP proclama en Madrid a Alberto Núñez Feijóo como candidato á reelección. O presidente da Xunta será aclamado polos conservadores galegos nun acto con militantes en Santiago, o vindeiro sábado.
Anova "esixe responsabilidades" á Delegación do Goberno polas últimas actuacións da Policía en Galicia logo da intervención das forzas de seguridade contra os afectados polas preferentes que se manifestaron en Soutomaior ante Rajoy.
Rosa Díez asegura que o "desbarajuste" da política galega non beneficia ao seu partido, porque o voto a UPyD é "moi pensado e razoado". En La Región.
As empresas dos EUA prepáranse para a saída de Grecia do euro, tal e como advirte o The New York Times na súa edición de hoxe.
De Guindos asegura que "o FROB anunciará nas próximas horas unha inxección de capital en Bankia". Afírmao nunha entrevista en Onda Cero.
Corenta concellos cataláns mudan simbolicamente o nome da súa Plaça de Espanya polo de Plaça de la Independència, nunha iniciativa da Assemblea Nacional Catalana, que quenta motores para a manifestación do 11 de setembro.
Os catro bancos nacionalizados perden máis de 7.500 millóns até xuño. Os números vermellos de Bankia, Banco de Valencia, CatalunyaCaixa e Novagalicia Banco derivan das dotacións para cumprir as reformas financeiras.
Pachi Vázquez reafírmase en El País na súa intención de chegar a acordos para gobernar: "os números están aí e en España as coalicións están á orde do día (...) Se os cidadáns deciden que haxa un Goberno de coalición, colaboraremos con iso".