Rosa Díez asegura que o "desbarajuste" da política galega non beneficia ao seu partido, porque o voto a UPyD é "moi pensado e razoado". En La Región.
Fálase
As empresas dos EUA prepáranse para a saída de Grecia do euro, tal e como advirte o The New York Times na súa edición de hoxe.
De Guindos asegura que "o FROB anunciará nas próximas horas unha inxección de capital en Bankia". Afírmao nunha entrevista en Onda Cero.
Corenta concellos cataláns mudan simbolicamente o nome da súa Plaça de Espanya polo de Plaça de la Independència, nunha iniciativa da Assemblea Nacional Catalana, que quenta motores para a manifestación do 11 de setembro.
Os catro bancos nacionalizados perden máis de 7.500 millóns até xuño. Os números vermellos de Bankia, Banco de Valencia, CatalunyaCaixa e Novagalicia Banco derivan das dotacións para cumprir as reformas financeiras.
Pachi Vázquez reafírmase en El País na súa intención de chegar a acordos para gobernar: "os números están aí e en España as coalicións están á orde do día (...) Se os cidadáns deciden que haxa un Goberno de coalición, colaboraremos con iso".
A gasolina subirá 5 céntimos o 1 de xaneiro, pola fin das axudas aos biocarburantes. A alza, que se suma aos catro céntimos desta fin de semana pola alza do IVE, afectará especialmente ao gasóleo.
Morre aos 92 anos Sun Myung Moon, o fundador e mesias da Secta Moon (ou Igrexa da Unificación), un dos grandes apoios do conservadurismo norteamericano (sobre todo de Nixon e Reagan) e instrumento na loita contra o comunismo na Guerra Fría.
Finalizou a segunda xornada da Terceira División. Rácing de Ferrol e Pontevedra lideran a clasificación, con 6 puntos.
Bergantiños 0 -2 Betanzos
Negreira 0 - 1 Somozas
Céltiga 1 - 1 Racing Vilalbés
Narón 0 - 1 Cerceda
Pontevedra 1 - 0 Alondras
Celta B 0 - 0 Rápido de Bouzas
Barbadás 1 - 2 Deportivo B
Ordes 0 - 1 Vilalonga
Compostela 4 - 0 Dorneda
As Pontes 0 - 2 Racing de FerrolVitoria do Coruxo e empate do Ourense na Segunda División B: Guijuelo 1 - Ourense 1 e Coruxo 1 - Salamanca 0.