Vitoria do Coruxo e empate do Ourense na Segunda División B: Guijuelo 1 - Ourense 1 e Coruxo 1 - Salamanca 0.
Fálase
Jorquera pídelles aos deputados galegos do PP que rexeiten no Congreso o Decreto das Preferentes. Nun acto en Salceda de Caselas, o candidato do BNG criticou a carga policial deste sábado en Soutomaior contra un grupo de afectados por esta estafa, que protestaban nun acto dos populares.
- Beiras conclúe que "a oferta está lanzada" e que agora son as formacións ás que facemos o chamamento as que deben tomar unha decisión "e despois a cidadanía valorará quen mira polo interese xeral e quen mira pola súa curtina". Beiras afirma que "nós non somos o centro desa fronte, só os que demos o paso de forma máis aberta"
- Beiras reitera que o ofrecemento se dirixe a BNG, EU e "aos partidos que compoñen CxG". Beiras pide "visións de Estado" e non de partido para a actual "situación de emerxencia nacional"
- Xosé Manuel Beiras anuncia que as asembleas de Anova aprobaron o chamamento a conformar unha fronte ampla "sen cancelas" para desaloxar o PP do Goberno de Galicia
Pachi Vázquez promete, nunha entrevista que publica Europa Press, crear 10 ou 15 mil postos de traballo para mozos e mozas no seu primeiro ano de Goberno se é elixido Presidente da Xunta. Vázquez engade que "non hai fórmulas máxicas, e son consciente de que non vou acabar co paro en 45 días". Afirma que as enquisas do PSdeG-PSOE outórganlle ao partido "entre 23 e 24 deputado" (fronte aos 25 actuais) e amosan que o PP tamén caería, perdendo a maioría absoluta.
A candidata de EH Bildu, Laura Mintegi, chama a construír un "futuro libre, soberano e democrático" ao estilo de José Antonio Aguirre, primeiro Lehendakari. Mintegi animou "aos abertzales, aos soberanistas e ás persoas de esquerda e progresistas" a "facer país".
Soledad Gallego-Díaz salienta en El País que unha maioría absoluta de Núñez Feijoo sería "un balón de osixeno" para Rajoy e que o PSOE, "que dá por suposto que perderá o Goberno vasco", concentrarase en evitala.
Lara Graña explica no Faro de Vigo as distintas saídas para as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes.