Fálase
- Beiras reitera que o ofrecemento se dirixe a BNG, EU e "aos partidos que compoñen CxG". Beiras pide "visións de Estado" e non de partido para a actual "situación de emerxencia nacional"
- Xosé Manuel Beiras anuncia que as asembleas de Anova aprobaron o chamamento a conformar unha fronte ampla "sen cancelas" para desaloxar o PP do Goberno de Galicia
Pachi Vázquez promete, nunha entrevista que publica Europa Press, crear 10 ou 15 mil postos de traballo para mozos e mozas no seu primeiro ano de Goberno se é elixido Presidente da Xunta. Vázquez engade que "non hai fórmulas máxicas, e son consciente de que non vou acabar co paro en 45 días". Afirma que as enquisas do PSdeG-PSOE outórganlle ao partido "entre 23 e 24 deputado" (fronte aos 25 actuais) e amosan que o PP tamén caería, perdendo a maioría absoluta.
A candidata de EH Bildu, Laura Mintegi, chama a construír un "futuro libre, soberano e democrático" ao estilo de José Antonio Aguirre, primeiro Lehendakari. Mintegi animou "aos abertzales, aos soberanistas e ás persoas de esquerda e progresistas" a "facer país".
Soledad Gallego-Díaz salienta en El País que unha maioría absoluta de Núñez Feijoo sería "un balón de osixeno" para Rajoy e que o PSOE, "que dá por suposto que perderá o Goberno vasco", concentrarase en evitala.
Lara Graña explica no Faro de Vigo as distintas saídas para as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes.
Un milleiro de persoas completan a Marxa de la Llibertat, que se iniciara en 1976. Naquel ano milleiros de cataláns realizaron unha marcha a pé de corenta mil quilómetros, prohibida por Manuel Fraga, para reividicar a ruptura co franquismo e os dereitos nacionais de Catalunya. Pero daquela, a policía impedira realizar os últimos dez quilómetros para chegar a Poblet
A construción naval en Fene xa só dá traballo a unha empresa auxiliar, e a uns 69 traballadores, fronte ao milleiro de empregados do pasado ano e ás cifras moito máis importantes do pasado.
José Enrique Porto, ciclista paralímpico galego cunha deficiencia visual, acada unha medalla de prata nos Xogos de Londres. O de Ponteareas, que fai tándem co madrileño Antonio Villanueva, foi segundo na proba do kilómetro en pista