O Goberno central eliminou 170.000 empregos públicos no que vai de ano. Así o denuncia o CSIF, que denuncia a perda do 7,7% do emprego na Administración Pública.
Fálase
David Bravo pregúntase en eldiario.es se é nova a nova SGAE. O avogado publica unha carta aberta do grupo Pony Bravo dirixida a Antón Reixa na que os sevillanos, que empregan licencias Creative Commons, pídenlle que a SGAE deixe de cobrar certas cantidades pola actividade do grupo.
O Consello Nacional de Esquerda Unida aproba (con 38 votos sobre 40) a fronte ampla con Anova e outras formacións, coas que xa están negociando un programa "de esquerda real"
As eólicas esíxenlle á Xunta unha compensación mínima de nove millóns de euros pola anulación do concurso eólico, declarada ilegal polo TSXG en dúas ocasións.
O Parti Québécois gaña con claridade as eleccións en Quebec e obtén 56 dos 125 escanos do Parlamento. Os liberais -federalistas- quedan con 47 (perden 17). Os tamén nacionalistas Coalition Avenir e Quebec Solidaire obtivero 20 e 2 escanos, respectivamente. No discurso da gañadora, Pauline Marois, un home comezou a disparar contra a futura presidenta e matou unha persoa.
O Consello Asesor de RTVE de Cataluña pide a desconexión do sinal de TVE durante a emisión de corridas de touros
O PP nega que os quimiqueiros de Pemex estean adxudicados a unha empresa coreana e atribúelle a "mentira" á CIG, á que denomina "brazo sindical do BNG"
O aeroporto de Castellón, no que aínda non operou avión ningún, gastou 35 millóns de euros en publicidade durante 2011. Revélao unha auditoría das súas contas e cóntao Vilaweb.
Un bo número de tuiteiros e tuiteiras segue a pular pola tradución desta rede social ao galego, desta volta co hashtag #TraduceTwitterAoGalego
Eldiario.es anuncia que nacerá o 18 de setembro e presenta nova cabceira e logo. Promete ir contando cada día máis novidades sobre o proxecto, que afirma que defenderá "os dereitos humanos, a igualdade e unha democracia mellor, máis transparente e aberta", poñendo o foco "máis nas persoas ca nos partidos ou os mercados".