Alberto Contador sitúase como líder da Vuelta a España, ao sorprender a Joaquim Rodríguez nunha etapa de media montaña con final en Fuente Dé. Contador atacou a 50 quilómetros de meta e Purito Rodríguez quedou afundido, perdendo mesmo o segundo posto da clasificación ante Valverde.
Fálase
O alcalde de Xinzo ordeou esta mañá o desaloxo do pleno municipal, para acalar as protestas sindicais ante a proposta de redución salarial para os traballadores do Concello e a supresión de parte do convenio colectivo.
Feijóo apela á "tranquilidade" ao ser preguntado pola contratación de buques de Pemex en Galicia. O comité de empresa de Navantia asegura que os dous quimiqueiros prometidos pola Xunta xa foron encargados a Corea.
A CIG-Ensino convoca o profesorado interino e substituto a unha concentración o vindeiro luns 10 de setembro ás 11:30 horas en San Caetano contra a destrución de emprego. Denuncia que Educación reduciu nun 55% o número de docentes que van ter contrato para o curso 2012-2013 ao facer 999 adxudicacións menos
O PP confirma a viaxe electoral de Feijóo a Sudamérica. Como adiantou Praza, producirase a fin de semana do 15 e 16 de setembro. Non durará "máis de 48 horas", garante o voceiro conservador, Antonio Rodríguez Miranda.
A Xunta dá por feito que a Eurocámara "botará abaixo" o acordo con Mauritania. A conselleira Quintana esixe á UE un novo protocolo que evite o veto aos mariñeiros galegos.
Celébrase na Estrada o acto de adhesión do Partido Galeguista a Compromiso por Galicia, logo do acordo alcanzado o pasado mes de agosto.
EQUO Galicia únese á fronte ampla. Máis do 70% dos afiliados e simpatizantes que participaron na votación acordaron acudir en coalición aos comicios autonómicos.
O Valedor do Pobo admite a trámite una queixa de Galicia, Mellor Sen Touradas sobre a emisión dunha corrida de touros en TVE en horario infantil. Esta tarde as touradas volverán á televisión pública despois de seis anos. O Consello Asesor de RTVE en Catalunya xa pediu que se desconecte o sinal durante o espectáculo.
Cuac FM convoca unha asemblea aberta a toda a cidadanía para informar do estado en que se atopan os trámites para acadar unha licencia de emisión e tamén para asignar a persoas e colectivos os horarios da grella deste curso. Será ás oito da tarde no CUR (Centro Universitario de Riazor)