Tsipras acusa a España e Portugal de formar un "eixo" contra o Goberno grego coa intención de "derrubalo". "O seu plan era unha rendición incondicional antes das eleccións españolas", dixo ante o Comité Central de Syriza. Recólleo El Diario
Fálase
Compostela Aberta aproba en asemblea o seu código ético e o seu regulamento de primarias. O vindeiro martes abre o prazo de presentación de candidaturas, que se votarán entre os días 19 e 20 de marzo.
José Mujica despídese da presidencia do Uruguai co tradicional acto de arriado da bandeira. No seu discurso Mujica deulle as "grazas ao pobo" polas "súas apertas". "Se tivese dúas vidas, gastaríaas en axudar na loita do meu pobo", asegurou no acto, acompañado polo presidente electo, Tabaré Vázquez, tamén do Frente Amplio.
AGE desenvolve ao longo de todo o día en Becerreá a súa xornada sobre as políticas de esquerda nas áreas de alta montaña, coa presenza da eurodeputada Lidia Senra e persoas expertas de diferentes puntos da UE
O CD Lugo logra un importante triunfo a domicilio ante o Osasuna por 0-2
#TTIP Xa se está a desenvolver na Coruña a xornada sobre o tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos que organiza o BNG coa presenza de Joseba Permach. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Feijóo reivindica o PP como única posibilidade de "estabilidade" nos concellos fronte ás mareas municipais, nas que "con tanta sigla, tanta confusión e tanta escisión calquera non se marea", dixo na convención que o seu partido desenvolve esta fin de semana en Santiago.
Os sindicatos demandan reforzo de persoal para o xulgado que investiga a Operación Zeta. No Faro de Vigo
A Igrexa critica tamén o vídeo de Enrique Iglesias polo que a Xunta paga 300.000 euros. As imaxes no mosteiro de Carboeiro graváronse sen comunicarllo á diocese de Lugo, que é a súa propietaria. Recólleo La Voz
Contas atopa multitude de gastos opacos nas Cámaras de Comercio, especialmente en Ferrol, Pontevedra e Lugo. Cóntao El País