#TTIP Xa se está a desenvolver na Coruña a xornada sobre o tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos que organiza o BNG coa presenza de Joseba Permach. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón
Fálase
Feijóo reivindica o PP como única posibilidade de "estabilidade" nos concellos fronte ás mareas municipais, nas que "con tanta sigla, tanta confusión e tanta escisión calquera non se marea", dixo na convención que o seu partido desenvolve esta fin de semana en Santiago.
Os sindicatos demandan reforzo de persoal para o xulgado que investiga a Operación Zeta. No Faro de Vigo
A Igrexa critica tamén o vídeo de Enrique Iglesias polo que a Xunta paga 300.000 euros. As imaxes no mosteiro de Carboeiro graváronse sen comunicarllo á diocese de Lugo, que é a súa propietaria. Recólleo La Voz
Contas atopa multitude de gastos opacos nas Cámaras de Comercio, especialmente en Ferrol, Pontevedra e Lugo. Cóntao El País
Falece aos 83 anos Leonard Nimoy, o actor que interpretou o célebre doutor Spock en Star Trek
O CIS sitúa a Pedro Sánchez como gañador do debate de política xeral no Congreso. Un 21,7% das persoas enquisadas cre que venceu o líder do PSOE, fronte ao 21% que lle outorgan o triunfo a Rajoy. O 37% coidan que non gañou "ningún" dos líderes que interveu. Estudo íntegro na súa web
Enrique Iglesias estrea o vídeo financiado pola Xunta con 302.500 euros. Unha semana despois da primeira filtración e en plena polémica xa é posible ver a montaxe, na que Galicia aparece pouco máis de 40 segundos. O Goberno galego teima en defender o gasto e a produtora do artista asegura que serve para "dinamizar a economía do país galego".
A policía detén oito españois por ter combatido en Ucraína. Os arrestos leváronse a cabo en Asturias, Cataluña, Estremadura, Madrid, Murcia e Navarra.
O Poder Xudicial suspende o xuíz Santiago Vidal por redactar a Constitución catalá. Inhabilítao durante tres anos co voto a favor dos 12 maxistrados conservadores e a oposición do bloque progresista.