Pedro Sánchez acusa nunha entrevista en Salvados aos poderes financeiros e ao grupo Prisa de presionar para manter a Rajoy como presidente. Ademais, recoñece que se trabucou con Podemos, co que tende pontes.
Fálase
“Nada é imposible na vida, pero non teño na cabeza ser candidato á Secretaría Xeral do PSdeG”, di José Blanco. O ex-ministro avisa aos díscolos do PSOE: “A ninguén se lle obriga a formar parte do grupo parlamentario”
A amnistía fiscal permitiu a algúns evasores pedir devolucións a Hacienda, conta El País.
Morre Fermín Bouza Álvarez (Santiago, 1946), sociólogo, galeguista asentado en Madrid, colaborador de diversos medios galegos e membro do consello editorial da revista Luzes, cuxo director, Xosé Manuel Pereiro, informou do seu pasamento. Nos últimos tempos o propio Bouza informaba no seu blog, El voto con botas, dos seus problemas de saúde. Era fillo de Fermín Bouza-Brey.
Na noite do sábado ao domingo atrásase a hora para pasar ao horario de inverno. Durante a semana debateuse sobre o fuso horario de Galicia e Portugal. “Eu non son portugués, eu son español”, dixo Feijóo.
ÚLTIMA HORA | Rajoy é investido para un segundo mandato grazas á abstención de 68 dos 84 deputados do PSOE. A deputada socialista por Ourense Rocío de Frutos é unha das 15 socialistas que votaron en contra.
HEMEROTECA | O que di (ou non) sobre Galicia o pacto PP-Ciudadanos para a investidura de Rajoy.
Comeza no Congreso a sesión que acabará previsiblemente coa investidura de Rajoy. Podes seguila aquí en DIRECTO.
E así foi a investidura frustrada en setembro.Unha manifestación nos arredores do Congreso protesta contra a investidura de Mariano Rajoy. En Galicia son múltiples os exemplos de cargos electos que participaron en protestas de todo tipo, mesmo ante o Parlamento.
Pedro Sánchez renuncia ao seu escano entre saloucos e non participará na votación de investidura de Rajoy. Faino catro semanas despois de deixar a secretaría xeral do PSOE.