Economía anuncia unha partida extra para I+D "na medida na que a estabilidade do orzamento o permita". Sería para despois do verán.
Fálase
Miguel Anxo Murado publica unha crónica da traxedia en The Guardian. En "Spain train crash: human error over decades, not just seconds", destaca que a raíz do accidente hai que buscala na política do ferrocarril en Galicia nas últimas décadas e conclúe que este foi "o derradeiro e o máis tráxico episodio dunha década de soños desorbitados, cartos rápidos e tres rápidos".
El Diario publica un perfil de José Luis Acosta, o novo presidente da SGAE. Pretende ser un presidente de perfil baixo, e preocupado polo IVE cultural, a reforma da Lei de Propiedade Intelectual e a débeda xerada por Arteria, duns cen millóns de euros
As 12 do mediodía gardaranse 5 minutos de silencio no exterior de todas as casas do Concello de Galicia. Ás portas do Parlamento tamén se realizará este acto de homenaxe ás víctimas da traxedia, coa participaciós das deputadas e deputadas e do persoal da cámara.
Galicia Mellor sen Touradas denuncia propostas para realizar "touradas benéficas" polo accidente en Compostela. A plataforma cre "vomitivo e bochornoso" que se intente limpar a imaxe da tauromaquia "aproveitándose destas circunstancias".
O Goberno aproba este venres a reforma da administración local co rexeitamento en pleno da oposición. O Consejo de Estado emitiu un informe que incluía advertencias sobre unha posible inconstitucionalidade polo recorte da autonomía local
Os monoprazas do equipo Lotus de F-1 lucirán a bandeira galega no Gran Premio de Hungría. O propietario da escudería é Gerard López, orixinario de Riotorto. Imaxe de @6cerof1.
El País destaca "os heroes" que emerxeron no medio da traxedia: os bombeiros, gardas civis, policías e veciños que se lanzaron ás vías ou as máis de dúas mil doazóns de sangue que se rexistraron en poucas horas.
"Pasar de 200 km/h a 80 depende só do factor humano", di na Cadena Ser un maquinista que realizou varias veces o mesmo traxecto que o ferrocarril accidentado. Manuel Mato é prudente pero ten a "sensación" de que o tren "entrou a moita velocidade" na curva.
O Colexio de Enxeñeiros "case" descarta o "fallo humano". Piden que a investigación revele a verdade do sucedido cando antes para garantir a fiabilidade do AVE. Outros expertos tamén sinalan que "nesas vías é imposible o erro humano" e que "é incomprensible que un tren entre nunha curva a 190 km/h. Ningún tren corre porque ao maquinista lle dea por apretar o botón".