"Pasar de 200 km/h a 80 depende só do factor humano", di na Cadena Ser un maquinista que realizou varias veces o mesmo traxecto que o ferrocarril accidentado. Manuel Mato é prudente pero ten a "sensación" de que o tren "entrou a moita velocidade" na curva.
Fálase
O Colexio de Enxeñeiros "case" descarta o "fallo humano". Piden que a investigación revele a verdade do sucedido cando antes para garantir a fiabilidade do AVE. Outros expertos tamén sinalan que "nesas vías é imposible o erro humano" e que "é incomprensible que un tren entre nunha curva a 190 km/h. Ningún tren corre porque ao maquinista lle dea por apretar o botón".
"Dividirá o Consello de Ministros en catro empresas a Renfe, a pesar da traxedia de Santiago?", pregúntase El Diario. Nunha lei de hai un ano obrigábase a liberalizar o tráfico ferroviario de pasaxeiros e a dividir Renfe antes do 31 de xullo. A ministra de Fomento mantén unha reunión hoxe cos sindicatos da operadora para explicarlles as decisións do Consello
Críticas internas en RTVE polos "erros e carencias" na cobertura do accidente. CC.OO. denuncia que "non soubemos cumprir coa nosa obriga de emprestar o servizo público de calidade que se nos esixe”,
Os maquinistas desmenten que reciban incentivos por ir máis rápido, un desmentido ao que se unen os sindicatos. “O incentivo existe, pero pode repercutir, como moitisimo, entre 3 o 5 euros ao mes para un empregado”, din.
Identificáronse xa a 67 dos falecidos, nun proceso que avanza con lentitude e que se completará este venres. Algúns medios publican relacións coas identidades das vitimas.
Centos de persoas ateigan as estacións de tren de toda Galicia na memoria das vítimas. Os composteláns renderon homenaxe con 5 minutos de aplausos e lemas como "solidariedade"
Composteláns renden homenaxe ás vítimas do accidente na estación de ferrocarril. Imaxe de @parrulinha.
Centos de galegos concéntranse nas estacións de tren en solidariedade coas vítimas. Na imaxe, cidadáns concentrados na Coruña. Imaxe de @foskardo.
Primeiras concentracións de solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario. Centos de persoas xúntanse na praza do Obradoiro para homenaxear os falecidos e as súas familias. Imaxe de @pazoderaxoi.