Os maquinistas desmenten que reciban incentivos por ir máis rápido, un desmentido ao que se unen os sindicatos. “O incentivo existe, pero pode repercutir, como moitisimo, entre 3 o 5 euros ao mes para un empregado”, din.
Fálase
Identificáronse xa a 67 dos falecidos, nun proceso que avanza con lentitude e que se completará este venres. Algúns medios publican relacións coas identidades das vitimas.
Centos de persoas ateigan as estacións de tren de toda Galicia na memoria das vítimas. Os composteláns renderon homenaxe con 5 minutos de aplausos e lemas como "solidariedade"
Composteláns renden homenaxe ás vítimas do accidente na estación de ferrocarril. Imaxe de @parrulinha.
Centos de galegos concéntranse nas estacións de tren en solidariedade coas vítimas. Na imaxe, cidadáns concentrados na Coruña. Imaxe de @foskardo.
Primeiras concentracións de solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario. Centos de persoas xúntanse na praza do Obradoiro para homenaxear os falecidos e as súas familias. Imaxe de @pazoderaxoi.
Difúndense concentracións solidarias coas vítimas nas estacións de tren de toda Galicia ás 20.42.
Stéphane M. Grueso analiza o tratamento dado polos medios de comunicación á traxedia de Compostela denunciando "os magazines das televisións" que "se están esforzando en amosar todo o que poden" na súa "habitual pelexa pola audiencia". E conclúe "Hai que informar? Si. Hai que facelo rápido? Tamén. Pero é responsabilidade dos medios e de cada un de nós facelo o mellor posible. E, dende logo, neste caso respectando a intimidade e dor das familias"
A Xunta informa de que 53 dos 80 falecidos xa foron identificados ao igual que todos os feridos. Hai 94 ingresados, 31 en estado crítico e catro deles son nenos. "Non se descarta que poidan aparecer novas vítimas", asegura Alfonso Rueda. Máis información, nuns minutos en Praza.
As familias critican a lentitude no proceso de identificación das vitimas. Algúns medios comezan a publicar listaxes de falecidos.