A Garda Civil detén o ex número dous de Esperanza Aguirre nunha redada contra a corrupción. O xuíz quere saber a orixe dos cartos en Suíza que garda Francisco Granados.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/544df2dc2a1d9-1392984828_158106_1392985089_noticia_normal.jpg)
A Garda Civil detén o ex número dous de Esperanza Aguirre nunha redada contra a corrupción. O xuíz quere saber a orixe dos cartos en Suíza que garda Francisco Granados.
Rajoy refírese aos casos de corrupción que afectan ao PP como "algunhas cousas" e defende que o Goberno de España está a "actuar" para que non volvan suceder. Recólleo Galiciaé
Abanca supera o 'stress test' ás entidades bancarias europeas cun cociente de solvencia do 9,14%, 3,64 puntos por riba do esixido, segundo informa a entidade nun comunicado. O proxecto de fusión das antigas caixas e o Banco Pastor, agora parte do Popular, tamén superaran os test de 2010
O Frente Amplio gaña as eleccións no Uruguai pero terá que concorrer a unha segunda volta despois de que Tabaré Vázquez obtivese arredor do 46% dos votos.
Dilma Rousseff é reelixida presidenta do Brasil na segunda volta das eleccións, celebradas este domingo. A presidenta brasileira obtivo o 51,45% dos votos. Está a contalo Carta Capital
Na Terceira galega Choco, Alondras e Arousa lideran a clasificación.
Deportivo B 2-1 Racing Vilalbés
Alondras 1-0 Bertamiráns
Ribadumia 0-0 Xuventú Sanxenxo
Choco 3-1 Ordes
Rápido de Bouzas 1-1 Arousa
As Pontes 1-1 Barbadás
Pontevedra 1-0 Boiro
Ribadeo 1-0 Silva
Bergantiños 0-1 Cultural Areas
Cerceda 4-0 Laracha
Na Segunda B, só gañou o Rácing de Ferrol (2-1 ante o Avilés). O Compostela empatou ante o Langreo (1-1) e o Somozas ante o Lealtad (2-2). Mentres, o Coruxo perdeu en Guijuelo (3-2) e o Celta B caeu na casa ante o Sporting B (0-3)
O Deportivo empatou ante o Espanyol (0-0) en Barcelona e suma sete puntos, dous por riba dos postos de descenso. Na Segunda División, o Lugo empatou na casa ante o Llagostera (1-1)
O Goberno asegura que Defensa non decidirá a actividade civil dos estaleiros de Navantia, a pesar de que as tarefas de planificación, dirección e control desta empresa pública foron adscritas a este ministerio. O Executivo asegurouno en resposta a unha pregunta da deputada do BNG Rosana Pérez,
Os bancos españois superan os test de estrés levados a cabo polo BCE, entre elas Abanca. Das 15 entidades españolas analizadas tan só Liberbank presenta problemas de déficit de capital. 25 bancos de toda a eurozona suspenden a proba, entre eles importantes entidades italianas e gregas.