O paro descendeu en abril en 16.620 persoas, deixando o número de inscritos nas oficinas de búsqueda de emprego en 4.795.866. En termos desestacionalizados o desemprego diminúe en 17.000 persoas. Hai tamén 83.984 afiliados e afiliadas máis á Seguridade Social. En Galicia o paro caeu en 3.608 persoas, até un total de 276.463.
Fálase
Novagalicia Banco perdeu no último ano o 32% dos seus depósitos. A entidade reduciu nun 22% o seu investimento crediticio e pechou 2013 con 17,9 millóns de euros de beneficios
Mantense o consenso entre PP e PSOE para non desclasificar documentos segredos do 23-F até 2031. 5 dos 13 líderes declarados do golpe aínda están vivos.
Moi baixa participación nas eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo, nas que apenas o 8,6% dos membros da comunidade universitaria acudiu a votar. Salustiano Mato, único candidato, obtivo 751 votos, fronte a 908 votos en branco e 291 nulos
Interior presiona con Asuntos Internos os policías que investigan o PP. O xuíz Pablo Ruz non foi informado dos interrogatorios aos policías, a pesar de dirixir a investigación do caso Gürtel
Remata sen acordo a reunión entre a Xunta e os alcaldes críticos pola suba do canon de Sogama. Os rexedores advirten que manterán as protestas e acusan o Goberno de actuar con "irresponsabilidade".
A Audiencia Nacional condena a dous anos de cadea a Pablo Hásel por "enaltecemento do terrorismo". Considera que as letras dalgunha das súas cancións non están amparadas pola liberdade de expresión xa que nelas "late o discurso do odio".
O Goberno catalán outórgalle a Creu de Sant Jordi a Suso de Toro pola "visión positiva que dá da identidade catalá". O escritor galego é un dos recoñecidos, ademais doutros 26 persoeiros e 15 entidades.
Código Cero repasa algunhas das bromas lanzandas na rede neste Día dos enganos ou April Fools' Day, principalmente no ámbito tecnolóxico e de Internet.
O rei Juan Carlos mediou para que o ditador Teodoro Obiang participase nun acto do Instituto Cervantes en Bruxelas. Obiang agradeceulle publicamente ao monarca a súa influencia.