O Goberno catalán outórgalle a Creu de Sant Jordi a Suso de Toro pola "visión positiva que dá da identidade catalá". O escritor galego é un dos recoñecidos, ademais doutros 26 persoeiros e 15 entidades.

O Goberno catalán outórgalle a Creu de Sant Jordi a Suso de Toro pola "visión positiva que dá da identidade catalá". O escritor galego é un dos recoñecidos, ademais doutros 26 persoeiros e 15 entidades.
Código Cero repasa algunhas das bromas lanzandas na rede neste Día dos enganos ou April Fools' Day, principalmente no ámbito tecnolóxico e de Internet.
O rei Juan Carlos mediou para que o ditador Teodoro Obiang participase nun acto do Instituto Cervantes en Bruxelas. Obiang agradeceulle publicamente ao monarca a súa influencia.
A Audiencia Nacional declara nulo o ERE da empresa pública Tragsa, que afectaba a 726 traballadores, que deberán ser readmitidos de forma inmediata. O fallo aprecia causa de nulidad pola forma en que se seleccionou os traballadores que ían ser despedidos, sen respectar os criterios de mérito e capacidade
A OSCE cualifica de "inaceptable" a "violencia" e "intimidación" da policía española contra a prensa na manifestación do pasado sábado en Madrid e expresa a súa preocupación ao respecto a través dun comunicado
O PP, que aínda non ten candidato, presenta o seu primeiro vídeo electoral para as europeas, centrado no PSOE e na 'herdanza recibida'
Falecen tres persoas ao bater un mercante e un pesqueiro na ría de Vigo.
O BOE publica hoxe a convocatoria oficial das eleccións europeas do 25 de maio.
Amarante, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e Contramínate celebraron en Coristanco unha xornada informativa e divulgativa sobre a loita contra a megamineria, na que tamen participou a plataforma Oro No de Asturias
O tráfico de mercadorías na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal caeu un 4,3% en 2013. Só dous (Vigo e Leixoes) dos sete portos creceron o pasado ano, fronte aos descensos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra-Marín, Vilagarcía e Viana do Castelo