Portugal celebra este domingo eleccións lexislativas. As sondaxes sinalan que a coalición de centro dereita Portugal à Frente (PSD+CDS/PP) liderada por Passos Coelho será a forza máis votada (38-39%), pero perdendo moitos dos apoios obtidos en 2011 e sen obter maioría absoluta. O PS de António Costa crece lixeiramente (32-34%) e CDU (8-10%) e Bloco (7-9%) mellorarán os seus resultados. Toda a información, ao longo da fin de semana en Praza.
Fálase
Abel Caballero asegura que a súa vida política está centrada en Vigo e descarta dar o salto a outras administracións. Afirma que vai seguir sendo alcalde toda a súa "vida política". "Eu calcúlolle uns 12 anos máis. Pero poden ser 16 tamén", dixo
Standard and Poor’s (S&P) eleva un grao o rating da débeda soberana española, de BBB a BBB+ con perspectiva estable. A axencia alerta dos riscos da "elevada débeda externa, o alto desemprego, o envellecemento da poboación, o menor investimento en educación e I+D" e da posibilidade dun "entorno político fragmentado" tralas eleccións do 20 de decembro.
O Celta empatou en Balaídos ante o Getafe (0-0). Os celestes foron moi superiores e tiveron un bo número de ocasións, pero non foron quen de marcar. Aínda así, continúan invictos, nas primeiras posicións da Liga.
A familia de Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade dexenerativa irreversible, pide no xulgado retirarlle o soporte vital. O xuíz, que tamén estuda o requerimento presentado polo CHUS, convocou as partes para o vindeiro luns.
O Parlamento conmemora este venres o centenario do Pazo do Hórreo, sede do lexislativo galego dende 1989
A Seguridade Social perdeu 5.724 persoas afiliadas en setembro en Galicia. A respecto de hai un ano a afiliación aumentou en 20.803 persoas.
O paro rexistrado increméntase en 2.000 persoas en Galicia (0,94%) en setembro e baixa en 22.400 persoas a respecto de hai un ano, o que supón unha caída do 9,43%. Máis información, hoxe en Praza.
O Concello de Lugo aplicará unha rebaixa do 23% na factura do lixo de outubro para compensar a folga de Urbaser do pasado ano.
O PP consuma a rúa reforma exprés do Tribunal Constitucional, concibida para poder sancionar o president da Generalitat.