A familia de Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade dexenerativa irreversible, pide no xulgado retirarlle o soporte vital. O xuíz, que tamén estuda o requerimento presentado polo CHUS, convocou as partes para o vindeiro luns.
Fálase
O Parlamento conmemora este venres o centenario do Pazo do Hórreo, sede do lexislativo galego dende 1989
A Seguridade Social perdeu 5.724 persoas afiliadas en setembro en Galicia. A respecto de hai un ano a afiliación aumentou en 20.803 persoas.
O paro rexistrado increméntase en 2.000 persoas en Galicia (0,94%) en setembro e baixa en 22.400 persoas a respecto de hai un ano, o que supón unha caída do 9,43%. Máis información, hoxe en Praza.
O Concello de Lugo aplicará unha rebaixa do 23% na factura do lixo de outubro para compensar a folga de Urbaser do pasado ano.
O PP consuma a rúa reforma exprés do Tribunal Constitucional, concibida para poder sancionar o president da Generalitat.
A Garda Civil estreita o cerco sobre Rodrigo Rato coa detención de dous dos seus colaboradores. O ex vicepresidente económico do Goberno central tivo que declarar ante os axentes a pasada noite. Está a contalo eldiario.es
Feijóo reclama outra vez o traspaso da AP-9. O PP leva 10 anos pedíndoo e negándoo, como amosa esta cronoloxía
Rajoy confirma que as eleccións xerais serán o 20 de decembro. Vén de ratificalo nunha entrevista en Antena 3.
Anova, EU e Podemos presentarán este venres en Compostela o seu preacordo político xunto a "outros axentes necesarios para o proceso de confluencia". Será na praza de Mazarelos nun "acto aberto" ás 18 horas.