Xavier Vence reitera que o BNG non se sumará a ningunha negociación que implique recortar o Parlamento, porque é tanto como "reducir o autogoberno". "Se hai que recortar en algo, que sexa nos asesores de Núñez Feijóo", di o líder do Bloque.
Fálase
O Deportivo da Coruña vence por 3-1 ao Mallorca e acomódase na parte alta da táboa na Segunda división.
Xa está en marcha polas rúas de Compostela a manifestación contra o copago farmacéutico. A información, hoxe en Praza.
Prolingua faise eco da curiosa rotulación bilingüe dun pavillón polideportivo en Baiona ao que acudiu Feijóo xunto ás autoridades locais
Ás 12:00 parte da Alameda de Santiago a manifestación contra o copagamento farmacéutico. Toda a información, hoxe en Praza.
O PP perde un terzo dos seus votos pero segue por diante do PSOE no Estado, segundo unha sondaxe de El Mundo que sinala ademais a importancia de UPyD e IU para a conformación de maiorías no Congreso.
O Obradoiro caeu por 70-102 ante o Valencia no Fontes do Sar. O Breogán, pola súa banda, impúxose por 57-50 ao Huesca.
O senador López Veiga, conselleiro de Pesca con Fraga, asegura en La Voz que "o que fixo a oposición" tras a traxedia do Prestige "foi unha canallada".
A Xunta desmantela o servizo de transporte adaptado para persoas dependentes ou con discapacidade, creado polo bipartito. Cóntao El País.
O CD Lugo imponse por 0-2 á Ponferradina e mantense nos postos de privilexio da segunda división. O equipo galego estivo acompañado no Toralín por un bo número de siareiros e siareiras desprazados dende a cidade da Muralla. #derbidosancares