O Goberno non recoñece "lexitimidade ningunha" á denominada Comisión Internacional de Verificación do alto ao fogo de ETA. O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, esixe a disolución da banda terrorista e di que lle abonda coas forzas de seguridade para "verificar".
Fálase
Xapón apagará este sábado o seu último reactor nuclear operativo, na illa de Hokkaido, e quedará sen enerxía atómica por primeira vez en 40 anos.
S&P rebaixa dous chanzos a cualificación de Galicia. A axencia Standard & Poor's baixou a cualificación a nove autonomías, entre elas Galicia, que pasou de A a BBB+.
Baloncesto. O Breogán gaña en Menorca o primeiro partido dos play-off polo ascenso á ACB e recupera o factor cancha. O conxunto lucense venceu 64-69, o que lle dá a opción de sentenciar a eliminatoria na súa casa. O COB Ourense tamén gañou o primeiro partido do seu asalto á LEB Ouro ao Aurtenetxe (69-59).
O petroleiro que estivo 13 horas á deriva fronte á costa galega arrincou máquinas e navega sen problemas cara ao oeste. O British Osprey sufriu un fallo mecánico e estivo asistido polo buque Don Inda, de Salvamento Marítimo, durante todo o venres.
O British Osprey continúa cara ao oeste e o Don Inda, de Salvamento Marítimo, pon rumbo leste, cara á costa. O petroleiro está a case 31 millas de Corrubedo.
O British Osprey está agora a unhas 30 millas das costas de Ribeira. O buque de salvamento Don Inda asísteo a menos dunha milla de distancia.
O British Osprey, o petroleiro que estivo ao longo do día con problemas técnicos fronte ás costas galegas, desvía o seu rumbo cara ao oeste e deixa atrás ao buque de salvamento marítimo Don Inda
O petroleiro con problemas técnicos é o British Osprey. Aquí podedes seguir ao vivo a súa posición no mar. Ten bandeira británica, vai rumbo a Rotterdamn e foi construído no ano 2003.
Europa Press informa na súa web de que un petroleiro permanece á deriva a 28 millas de Corrubedo por un fallo mecánico.