O Azkar Lugo imponse no derbi galego de fútbol sala tras gañar 2-0 ao Burela.
O Azkar Lugo imponse no derbi galego de fútbol sala tras gañar 2-0 ao Burela.
Derrota dos tres equipos galegos na Liga LEB de baloncesto. Breogán, Basquet Coruña e COB caeron ante Knet, Lleida e Navarra na 13ª xornada.
Telefónica ficha a Rato como conselleiro asesor en Latinoamérica e Europa. A compañía non aclara canto cobrará. Cóntao El Diario.
O conselleiro madrileño de Presidencia e portavoz do Gobierno, Salvador Victoria, critica a través de twitter os folguistas do metro de Madrid e retrúcanlle coas prebendas concedidas á súa muller no consello de administación de Bankia
Mariano Rajoy evita dar o seu apoio ao alcalde de Santiago, Ángel Currás. Preguntado polos xornalistas, o presidente do Goberno responde que "hoxe veño a outra cousa". O rexedor compostelán non asistiu á cerimonia de entrega a Fernández Albor da Gran Cruz da Ordee de Isabel a Católica. Rajoy e Feijoo evitaron deste xeito unha fotografia incómoda co alcalde imputado.
O 50% dos españois cre que a situación económica será "peor" dentro dun ano e outro 29% opina que será "igual", segundo o barómetro do CIS do mes de decembro. O paro, a economía e os políticos son os tres principais problemas para os entrevistados. O cuarto é a corrupción.
A Policía toma a praza do Obradoiro para evitar que os afectados pola preferentes protesten ante Mariano Rajoy. Un cordón policial protexe o presidente do Goberno da manifestación e os axentes identifican a varias persoas.
Protestas contra Mariano Rajoy durante a súa visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Unhas vinte persoas manifestáronse ante o presidente do Goberno central en protesta polos recortes.
A Asociación Democracia Real Ya (DRY) presentará este venres unha querela no Tribunal Supremo contra 63 deputados que, segundo denuncian, perciben dietas de desprazamento e manutención a pesar de dispoñer de unha ou varias vivendas en Madrid.
Falece o home que se queimou ao bonzo en Málaga o pasado mércores. Outra persoa prendeuse lume este xoves.