A Policía toma a praza do Obradoiro para evitar que os afectados pola preferentes protesten ante Mariano Rajoy. Un cordón policial protexe o presidente do Goberno da manifestación e os axentes identifican a varias persoas.
A Policía toma a praza do Obradoiro para evitar que os afectados pola preferentes protesten ante Mariano Rajoy. Un cordón policial protexe o presidente do Goberno da manifestación e os axentes identifican a varias persoas.
Protestas contra Mariano Rajoy durante a súa visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Unhas vinte persoas manifestáronse ante o presidente do Goberno central en protesta polos recortes.
A Asociación Democracia Real Ya (DRY) presentará este venres unha querela no Tribunal Supremo contra 63 deputados que, segundo denuncian, perciben dietas de desprazamento e manutención a pesar de dispoñer de unha ou varias vivendas en Madrid.
Falece o home que se queimou ao bonzo en Málaga o pasado mércores. Outra persoa prendeuse lume este xoves.
Batasuna autodisólvese en Francia, onde era ilegal, once anos despois da súa creación. Faino para adaptarse a un novo ciclo político, segundo conta Naiz.info.
O cambadés Francisco Leiro inaugura unha nova mostra en Nova York. Human Resources pode verse na galería Marlborough, no barrio de Chelsea, até o 9 de febreiro.
NGB traspasa 1.2 millóns de metros cadrados de solo urbanizable en Sanxenxo ao banco malo.
Un home plantouse lume este xoves en Vélez-Málaga. É o segundo suceso deste tipo que ten lugar esta semana en Málaga.
Afectados polas preferentes péchanse no Concello de Sanxenxo
Díaz Ferrán finxiu vender por 2.900 euros unha das súas grandes empresas nos dias nos que negociaba a reforma laboral, en 2010