Afectados polas preferentes péchanse no Concello de Sanxenxo
Afectados polas preferentes péchanse no Concello de Sanxenxo
Díaz Ferrán finxiu vender por 2.900 euros unha das súas grandes empresas nos dias nos que negociaba a reforma laboral, en 2010
O ministro de Comunicación de Venezuela, Ernesto Villegas, informa de que Hugo Chávez presenta insuficiencia respiratoria, tras sufrir unha infección
WhatsApp procesou 18.000 millóns de mensaxes en Fin de Ano. Pero as previsións tecnolóxicas para 2013 auguran que a popularidade deste servizo irá a menos.
Iolanda Veloso é a nova voceira do grupo municipal do BNG no Concello de Vigo. Substitúe a Santi Domínguez, que di marchar "tranquilo e orgulloso do traballo realizado"
O alcalde de Santiago non dimite malia a súa imputación na operación Pokemon. "Non está no meu ánimo dimitir", vén de asegurar nunha rolda de prensa, na que pediu aos veciños que "estean absolutamente tranquilos". Toda a información, nuns minutos en Praza.
Alemaña pecha 2012 co paro máis baixo en vinte anos e cun novo récord de emprego. A taxa de desemprego situouse no 6,8% no último ano.
O alcalde de Santiago, imputado na operación Pokemon, segundo vén de asegurar a Cadena Ser. Ángel Currás substituíu na alcaldía a Gerardo Conde Roa, que dimitiu por un presunto delito fiscal. Máis información, nuns minutos en Praza.
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas lanza a campaña Eu apoio as enfermidades raras, e ti? coincidindo co inicio do ano 2013, declarado polo Ministerio de Sanidade Ano Nacional das Enfermidades Raras. A campaña está protagonizada por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro e está baseada na venda de bastóns de caramelo.
O Arquivo Pacheco amosa os seus fondos nunha exposición na Casa das Artes de Vigo. O fondo total supera as 140 mil imaxes da cidade entre 1910 e 1970.