O ministro de Comunicación de Venezuela, Ernesto Villegas, informa de que Hugo Chávez presenta insuficiencia respiratoria, tras sufrir unha infección
O ministro de Comunicación de Venezuela, Ernesto Villegas, informa de que Hugo Chávez presenta insuficiencia respiratoria, tras sufrir unha infección
WhatsApp procesou 18.000 millóns de mensaxes en Fin de Ano. Pero as previsións tecnolóxicas para 2013 auguran que a popularidade deste servizo irá a menos.
Iolanda Veloso é a nova voceira do grupo municipal do BNG no Concello de Vigo. Substitúe a Santi Domínguez, que di marchar "tranquilo e orgulloso do traballo realizado"
O alcalde de Santiago non dimite malia a súa imputación na operación Pokemon. "Non está no meu ánimo dimitir", vén de asegurar nunha rolda de prensa, na que pediu aos veciños que "estean absolutamente tranquilos". Toda a información, nuns minutos en Praza.
Alemaña pecha 2012 co paro máis baixo en vinte anos e cun novo récord de emprego. A taxa de desemprego situouse no 6,8% no último ano.
O alcalde de Santiago, imputado na operación Pokemon, segundo vén de asegurar a Cadena Ser. Ángel Currás substituíu na alcaldía a Gerardo Conde Roa, que dimitiu por un presunto delito fiscal. Máis información, nuns minutos en Praza.
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas lanza a campaña Eu apoio as enfermidades raras, e ti? coincidindo co inicio do ano 2013, declarado polo Ministerio de Sanidade Ano Nacional das Enfermidades Raras. A campaña está protagonizada por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro e está baseada na venda de bastóns de caramelo.
O Arquivo Pacheco amosa os seus fondos nunha exposición na Casa das Artes de Vigo. O fondo total supera as 140 mil imaxes da cidade entre 1910 e 1970.
Novagalicia pecha "indefinidamente" a súa oficina de Moaña despois dun mes de acampada dos afectados pola estafa das preferentes ante a sucursal. En Moaña hai 986 afectados polas preferentes e subordinadas
Galicia, a comunidade onde máis sobe o paro en decembro, malia o descenso no conxunto do Estado. Hai 2.251 desempregados máis no país, 278.787 en total. En España, o paro baixa en 59.064 persoas pero hai 88.367 afiliados menos á Seguridade Social. Máis información, nuns minutos en Praza.