A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas lanza a campaña Eu apoio as enfermidades raras, e ti? coincidindo co inicio do ano 2013, declarado polo Ministerio de Sanidade Ano Nacional das Enfermidades Raras. A campaña está protagonizada por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro e está baseada na venda de bastóns de caramelo.