O Financial Times sitúa a Rajoy no cerne do "escándalo de corrupción" dos papeis de Bárcenas.
O Financial Times sitúa a Rajoy no cerne do "escándalo de corrupción" dos papeis de Bárcenas.
Jorquera pide a Feijóo que explique a orixe do ingreso irregular que figura como "Galicia O.C." nos documentos difundidos por El País sobre o caso Bárcenas.
Bárcenas nega nun comunicado que se pagasen sobresoldos opacos a dirixentes do PP. O ex tesoureiro defende a Mariano Rajoy, segundo conta Europa Press.
Jiménez Losantos di que se se demostran os pagos en b do PP a Libertad Digital doarán os cartos "aos comedores de Cáritas". Os documentos de Bárcenas que hoxe publica El Pais recollen dúas achegas por un total de 36.100 euros en decembro de 2004
Un informe da delegada do Goberno en Madrid cualifica o 15M como "un tipo de delincuencia". Denomina grupos antisistema aos movementos sociais que impiden a detención de inmigrantes ilegais en base a perfis raciais, segundo conta El Diario.
O PP nega ter contabilidade oculta e "estuda" querelarse contra o diario El País por publicar os "papeis de Bárcenas". El Diario reproduce o comunicado
Co gallo do Día Europeo da Protección de Datos, o Parlamento Europeo vén de elaborar unha infografía para amosar ata que punto é "pública" a vida das persoas que utilizan internet habitualmente.
O Concello de Palma pide á Casa Real que Urdangarin deixe de empregar o título de Duque. Solicítao polo "mal uso" que ten feito do nome da cidade.
Esta mañá a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, comparece ante os medios. É de agardar que manteña o seu veto a que os grupos conviden a cidadanía aos plenos e que avance se proporá sancións a deputados polas protestas do martes.
Os xuíces poderán reducir a débeda dun desafiuzado. Terán potestade para diminuír a débeda se o banco pode obter unha plusvalía ao vender o piso.