Estanse convocando concentracións para esta noite en Madrid: ás 20 horas na sede no PP, ás 21 horas na sede do PSOE e ás 22 horas diante do Congreso
Fálase
Montoro aclara as modificacións sobre os días de libre disposición para os traballadores do sector público: desparecen os chamados canosos (os días engadidos por antigüidade) o os moscosos, que son seis, quedan reducidos a tres.
Unha parte importante dos produtos e servizos aos que se lles aplicaba o tipo reducido do IVE (agora 10%) pasan a ser gravados co tipo xeral (21%). Non soben o transporte, a hostelaría e a cesta da compra
Sáenz de Santamaría volve xustificar os aplausos dos deputados populares aos recortes que anunciaba Rajoy, que segundo a vicepresidenta estaban "arroupando o presidente nunha decisión difícil". Ademais, xustifica as medidas pola herdanza recibida polo PSOE: "cun déficit do 6% non tomaríamos estas decisións" #Cmin
A suba do IVE producirase o 1 de setembro, salvando en parte a tempada turística. Así mesmo, a dedución por compra de vivenda deixará de aplicarse o 1 de xaneiro de 2013. #Cmin
Montoro confirma a aprobación da modificación da lei de bases de réxime local, nos termos adiantados por Rajoy: redución de concelleiros e asunción das competencias dos concellos con menos recursos por parte das Deputacións. Tamén anuncia a aprobación das medidas relacionadas coa Función Pública: supresión da paga extra de Nadal, e a redución dos liberados sindicais #Cmin
Sáenz de Santamaría afirma que a nova Lei de Costas se basea na "tolerancia cero fronte as agresións nas costas", pero tamén quere dar "protección xurídica aos propietarios" e, como publica xa El País, amnistía 11 núcleos conflitivos e no caso das rías (que afecta moi especialmente ás Rías Baixas galegas), reduce a servidume de protección de 100 a 20 metros, equiparando a costa das rías á protección que hoxe teñen os ríos. #Cmin
Radio Nacional de España despide a Juan Ramón Lucas, condutor do programa matinal En días como hoy, que veu medrando ininterrompidamente en audiencia nos últimos anos, segundo adianta Eldiario.es. El Confidencial sinala que tamén desaparecerán da grella de RNE Toni Garrido e Pepa Fernández.
Comeza o Consello de Ministros. Comparecen Saénz de Santamaría, De Guindos e Montoro. A vicepresidenta do Goberno afirma que "España vive hoxe un dos momentos máis difíciles e dramáticos da nosa historia recente" e anuncia que no que queda de ano se aprobarán unhas vinte leis, de liberalización de distintos sectores, unha reforza xudicial, e a Lei de Costas (da que hoxe se aprobou o seu anteproxecto), a reforma da formación profesional e unha reforma enerxética, que aprobará este mesmo mes de xullo #Cmin
A Executiva da CIG acorda pórse en contacto con CCOO e UGT de cara a "convocar conxuntamente as mobilizacións do 19 de xullo" contra os recortes