Axentes da Unidad Central Operativa entran na sede do Partido Popular para rexistrar o ordenador do ex xerente da formación en Madrid, Beltrán Gutiérrez Moliner. Así mesmo, no marco da operación contra o financiamento ilegal do partido, a policía rexistrou a sede da construtora OHL, propiedade de Villar Mir, así coma os domicilios de Gutiérrez Moliner e de Javier López Madrid, membro do consello de administración da empresa, ambos os dous involucrados tamén no caso das tarxetas black de Bankia.
Fálase
O equipo de Advanced LIGO vén de confirmar o descubrimento do primeiro sinal que demostra a existencia de ondas gravitacionais, vibracións do espazo-tempo que conforma o universo, e que xa foran descritas por Albert Einstein en 1916. LIGO, un proxecto no que traballan 1.000 científicos/as de 15 países, entre eles España, leva 14 anos buscando estas ondas.
Medra a incerteza en torno ao Deutsche Bank, que segue a caer en Bolsa. Esta reportaxe explica os problemas do xigante alemán e por que está a disparar o temor en Europa e as dúbidas sobre a súa capacidade para facer fronte ás súas débedas.
"A homeopatía é un timo". A xornalista científica América Valenzuela explica neste artigo en Infolibre por que os produtos homeopáticos non producen máis ca un efecto placebo e carecen de base científica para curar.
A UE conclúe que Gallardón deu ata 25 millóns de axudas ilegais ao Real Madrid. A Comisión obrigará a España a recuperar as axudas de Estado.
Cavaco Silva terá que aceptar a adopción por parellas gay en Portugal. O Parlamento rexeita o veto do presidente da República grazas a unha maioría de esquerda.
A Fiscalía pide 20 meses de cárcere para o líder de Def Con Dos por enaltecer o terrorismo en Twitter. O escrito alude a varios chíos tras ditar a apertura de xuízo oral.
O convenio de Sargadelos dá até 20 anos de prazo para pagar unha débeda de 5 millóns. O grupo pechou 2015 cun beneficio de 70.000 euros e manterá as dúas fábricas, pero especializadas.
Telefónica prescindiu do 24% do seu cadro de persoal en Galicia en 4 anos mentres gañaba 16.000 millóns de euros. Recortou case 360 empregos durante ese período.
Ciudadanos ve un "escenario posible" votar si a Pedro Sánchez. Así o asegura o seu voceiro parlamentario, Carlos Girauta, nunha entrevista en eldiario.es.