A votación decisiva dos militantes do Encontro Irmandiño será ás 19:30 horas. Será entón cando se decida, como así parece que ocorrerá, a saída da corrente que lidera Xosé Manuel Beiras do BNG
Fálase
Fala Raúl Asegurado na asemblea despois da intervención de Foz. "Agora estamos nunha realidade doente", lamenta. O sentir "unánime" segue a ser a decisión de abandonar o Bloque. A imaxe, de @EncontroIrmandi
Nando Casal: "Hai moitos galegos e galegas esperando por un instrumento afinado para o século XXI". O auditorio aplaude en pé. Casal, que se declara simpatizante de EI, insiste en que "a política móvena as paixóns e os sentimentos"
Paula Verao, da mocidade irmandiña, defende a saída do BNG porque "é imposible rexenerar o nacionalismo desde o BNG" e non por unha derrota numérica.
Os tuiteiros fanse eco da chegada de Teresa Táboas á asemblea do Encontro Irmandiño. Na imaxe, de @belay, xente en pé tras unha das intervencións
Martiño Noriega: "Hai que dicilo alto e claro. Cómpre un novo camiño fóra do BNG"
Martiño Noriega na asemblea do Encontro Irmandiño: "É un día no que doe o corazón pero tamén un día no que respiramos esperanza". "Cómpre encetar un novo camiño e somos os nosos piores inimigos para facelo", apunta o alcalde de Teo
Anonymus ataca a web do Partido Popular de Foz. Aquí a captura de pantalla
Seguimos pendentes de Grecia. Miles de persoas, concentradas na praza Sintagma de Atenas. Un cartel moi significativo dun dos manifestantes, pendurado no Twitter
Xoán Hermida reclama a constitución de "novas fórmulas", non dun "Bloque bis"