O 15-M deseña unha caixa de resistencia para loitar contra as identificacións masivas e pagar asi as multas. A comisión Legal de Sol, formada por avogados afins ao movemento, recorreu xa 306 procedementos sancionadores, por un total de 100 mil euros
O 15-M deseña unha caixa de resistencia para loitar contra as identificacións masivas e pagar asi as multas. A comisión Legal de Sol, formada por avogados afins ao movemento, recorreu xa 306 procedementos sancionadores, por un total de 100 mil euros
A Fiscalía Anticorrupción pedirá a imputación de Oriol Pujol (CDC) pola trama de concesións amañadas de ITV. Esta imputación deriva da investigación do caso Campeón na que se atoparon varias conversas do empresario Sergi Alsina, compañeiro de estudos de Oriol Pujol, nas que presumía de poder lograr calquera concesión de ITV que saise a concurso, pola súa relación co secretario de CDC.
Tallin, capital de Estonia, convértese na primeira gran cidade europea con transporte público de balde. Cóntao La Información.
A Xunta de Persoal do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo denuncia que tivo coñecemento polo medios de comunicación de que onte houbo unha ameaza de bomba nese lugar. Critica que o Comité de Seguridade non ten a día de hoxe ningunha versión oficial do acontecido
O Deportivo presenta a documentación para solicitar o concurso de acredores. O paso dado esta mañá levantará o embargo de Facenda, pero reducirá a autonomía dos xestores do club.
#consellodaxunta Feijóo augura que "non haberá maiores problemas en relación co sumario" da operación Pokémon no que atinxe ao alcalde de Santiago, Ángel Currás. En calquera caso, o presidente da Xunta sitúa as "decisións" sobre Currás no momento posterior á súa declaración.
#consellodaxunta Feijóo cre "correcta, oportuna e necesaria" a "decisión" de Baltar de pedir a suspensión de militancia no PP, porque supón que "o partido non estea sometido ao problema xudicial" do ex presidente da Deputación de Ourense. Deséxalle "toda a sorte posible" no proceso xudicial. Máis información este mediodía en Praza.
#consellodaxunta A Xunta aproba a nova estrutura da Consellería de Cultura e Educación. Feijóo confirma que "suprime e liquida" a Fundación Illa de San Simón
#consellodaxunta O Consello da Xunta aproba o proxecto de Lei de Universidades. Xa fora aprobada ao remate da pasada lexislatura e non chegou a ser tramitada no Parlamento polo adianto electoral.
CC OO rexeita "o carpetazo" da Xustiza ao caso do incendio de Fornelos de Montes no que perderon a vida dous brigadistas en 2010. CC OO fixo parte deste proceso como acción popular para que se indagasen a fondo todos os aspectos da prevención de riscos laborais que influíron no accidente, que se depurasen responsabilidades e que a Xunta adopte "todas as medidas necesarias" para evitar accidentes semellantes.