A industria da lingua, un novo sector estratéxico en Euskadi. É unha reflexión da Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco.

A industria da lingua, un novo sector estratéxico en Euskadi. É unha reflexión da Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco.
Uruguai legalizará a marihuana. O Estado uruguaio terá o monopolio sobre o cultivo e o comercio dos derivados do cáñamo. En El País.
Galicia emite o 7,5% dos gases que provocan efecto invernadoiro en todo o Estado. En La Región
As primeiras páxinas dos diarios impresos galegos veñen protagonizadas, en boa medida, polo Celta-Dépor da pasada noite. Na prensa de Madrid a crise interna do PSOE centra as primeiras páxinas, aínda que con perspectivas diferentes.
#onosoderbi Final do partido! O derbi galego remata con empate, Celta de Vigo 1-1 Deportivo da Coruña. A crónica do partido, esta noite en Praza.
#onosoderbi A Radio Galega lembra que o último gol dun xogador galego nun enfrontamento entre Celta e Dépor en Primeira fora en 1973
#onosoderbi O Deportivo iguala o derbi cun gol de Juan Domínguez a pase de Valerón Celta 1-1 Deportivo
#onosoderbi O Celta inaugura o marcador do clásico galego con gol de Mario Bermejo. Celta 1-0 Deportivo
#onosoderbi Celta e Deportivo saltan a Balaídos. O Celta, de celeste e o Dépor, coa súa equipación suplente, de cor negra. A afección viguesa canta a capella o himno do seu equipo e forma un mosaico de bufandas.
#onosoderbi A apenas corenta e cinco minutos para o inicio do partido, os equipos confirman as súas aliñacións. O Celta saltará a Balaídos con Varas, Mallo, Cabral, Túñez, Lago, Borja Oubiña, Álex López, Augusto Fernández, Bermejo, Krohn Dehli e Iago Aspas e polo Dépor formarán Aranzubia, Laure, Marchena, Zé Castro, Ayoze, Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Bruno Gama, Valerón, Pizzi, Riki, segundo adianta a Radio Galega.