Xa está en marcha en Santiago a manifestación a prol dos tratamentos para doentes de Hepatite C. Toda a información, hoxe en Praza. (Imaxe de GZ Contrainfo)
Fálase
O Deportivo empatou sen goles ante o Almería no seu partido deste sábado
Doentes de Hepatite C maniféstanse esta mañá dende as 12 en Santiago para reclamar que os gobernos lles garantan os seus tratamentos
Os recortes fan recruar as condicións de vida das persoas maiores que viven soas. Cóntao Eldiario.es nesta reportaxe
Ensínanlles técnicas de toureo a nenos de ata tres anos nun encontro en Castilla-La Mancha que apoia o Ministerio de Educación
O novo presidente de Sogama atribúe a oposición municipal á suba do canon ao "capricho dalgúns concellos". Faino nunha entrevista en La Voz
Feijóo atribúe a eclosión de casos de corrupción ao "compromiso" do PP para acabar con ela. Recólleo El País
CxG aproba o seu programa marco para as eleccións municipais. "Estas eleccións municipais serán un pasiño máis na consolidación do noso proxecto político", di o seu secretario xeral, Xoán Bascuas.
Tsipras acusa a España e Portugal de formar un "eixo" contra o Goberno grego coa intención de "derrubalo". "O seu plan era unha rendición incondicional antes das eleccións españolas", dixo ante o Comité Central de Syriza. Recólleo El Diario
Compostela Aberta aproba en asemblea o seu código ético e o seu regulamento de primarias. O vindeiro martes abre o prazo de presentación de candidaturas, que se votarán entre os días 19 e 20 de marzo.