A banca ética multiplica por seis os seus depósitos dende o inicio da crise no Estado. Cóntao Eldiario
Fálase
Negreira di agora estar aberto a pactar co PSOE no goberno da Coruña no caso de non obter maioría absoluta. Díxoo nunha entrevista en V Televisión
Asociacións xudiciais reclaman maior coordinación tras o crime machista de Ourense
Arestora principia en Lugo o debate entre candidatos á alcaldía organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O BNG propón que unha consulta popular determine o cobramento do IBI á Igrexa por parte dos concellos. Propúxoo cun 'referendo' en Compostela.
Feijóo reivindica ao PP fronte aos partidos que "están ao ditado dun líder de Madrid". Afirmouno nun acto electoral en Arzúa.
Lugonovo presenta a súa nova web, cadrando coa presentación das 50 "ideas forzas" do seu "proxecto de cidade".
Pablo Iglesias atópase xa na Coruña para participar no acto de "unidade popular" da Marea Atlántica ás 19.30 horas no Palexco. Acudirán tamén Yolanda Díaz (EU) ou Antón Sánchez (Anova).
Dúas edís do PP da Coruña implicadas na Pokémon terán que declarar como imputadas a consecuencia da denuncia dunha funcionaria, que as acusa trato degradante e prevaricación. A denunciante é a mesma traballadora que advertiu da presunta "manipulación" dun dos ordenadores investigados na presunta trama corrupta.
O Eurogrupo esíxelle máis recortes a Grecia para chegar a un acordo sobre a débeda. En El Diario