O Eurogrupo esíxelle máis recortes a Grecia para chegar a un acordo sobre a débeda. En El Diario

O Eurogrupo esíxelle máis recortes a Grecia para chegar a un acordo sobre a débeda. En El Diario
A patronal pacta con CC.OO. e UGT unha suba salarial do 1% para o 2015. Recólleo Galiciaé
A investigación da UE por saneamento deficiente amplíase a sete concellos máis. Recólleo Faro de Vigo
A enquisa electoral diaria de La Voz amosa un ascenso dun concelleiro do PSdeG en Lugo e un retroceso dun edil do PP en Vigo
A TVG inicia esta noite a emisión dos debates municipais. Emítense pola G2 a partir das 22:50 e neles só participan as forzas políticas con representación nas actuais corporacións municipais das cidades.
Galicia, mellor sen touradas instala un valado publicitario na terceira ronda da Coruña co lema "Menos touradas e máis becas comedor". A iniciativa foi financiada a través do crowdfunding
Hernández evita un debate electoral na Cadena SER sobre rexeneración e medidas contra a corrupción. Será o seu número 3 quen debata con Francisco Reyes (PSdeG), Rubén Cela (BNG) e Martiño Noriega (Compostela Aberta).
Un pacto entre PP e Ciudadanos podería darlle a alcaldía da Coruña á dereita, segundo a enquisa semanal de Radio Coruña. O PSdeG quedaría con 6 concelleiros, a Marea chegaría aos 5, mentres que o BNG quedaría en 1. PP (11) e C's (4) poderían gobernar.
Pablo Iglesias, Yolanda Díaz ou Antón Sánchez interveñen mañá nun acto de "rebeldía democrática" na Coruña que se celebrará no Palexco a partir das 19.30 horas.
O Celta colleita un meritorio empate ante o Sevilla. Un gol de Santi Mina de penalti iguala o inicial dos andaluces, cos que regresaron Iago Aspas e Denís Suárez a Balaídos.