A enquisa electoral diaria de La Voz amosa un ascenso dun concelleiro do PSdeG en Lugo e un retroceso dun edil do PP en Vigo

A enquisa electoral diaria de La Voz amosa un ascenso dun concelleiro do PSdeG en Lugo e un retroceso dun edil do PP en Vigo
A TVG inicia esta noite a emisión dos debates municipais. Emítense pola G2 a partir das 22:50 e neles só participan as forzas políticas con representación nas actuais corporacións municipais das cidades.
Galicia, mellor sen touradas instala un valado publicitario na terceira ronda da Coruña co lema "Menos touradas e máis becas comedor". A iniciativa foi financiada a través do crowdfunding
Hernández evita un debate electoral na Cadena SER sobre rexeneración e medidas contra a corrupción. Será o seu número 3 quen debata con Francisco Reyes (PSdeG), Rubén Cela (BNG) e Martiño Noriega (Compostela Aberta).
Un pacto entre PP e Ciudadanos podería darlle a alcaldía da Coruña á dereita, segundo a enquisa semanal de Radio Coruña. O PSdeG quedaría con 6 concelleiros, a Marea chegaría aos 5, mentres que o BNG quedaría en 1. PP (11) e C's (4) poderían gobernar.
Pablo Iglesias, Yolanda Díaz ou Antón Sánchez interveñen mañá nun acto de "rebeldía democrática" na Coruña que se celebrará no Palexco a partir das 19.30 horas.
O Celta colleita un meritorio empate ante o Sevilla. Un gol de Santi Mina de penalti iguala o inicial dos andaluces, cos que regresaron Iago Aspas e Denís Suárez a Balaídos.
O COB dá outro paso cara á ACB tras poñer o 2-0 na súa eliminatoria ante o Lleida. O Breogán, pola contra, cae ante o Valladolid en Lugo e empata a serie 1-1.
A enquisa diaria de La Voz dálle máis apoio ás mareas nas cidades. Compostela Aberta obtería case o 24% dos votos en Santiago e a Marea Atlántica encabezaría a alternativa na Coruña xunto ao PSdeG. Caballero en Vigo e José Manuel Rey en Ferrol serían os únicos que obterían maioría absoluta.
A Xunta pagará este mes, en plena campaña electoral, parte da extra do 2012. A Administración devolverá 254 euros aos seus traballadores.