Os sindicatos nacionalistas convocan unha folga xeral para o vindeiro 26 de setembro en Euskadi e Navarra. Oito sindicatos e máis de cen colectivos sociais apostan por un paro total "en Euskal Herria". Imaxe de @gorkaquevedobar
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5007c9ae5d05a-ayj1uv5caaayl_z.jpg)
Os sindicatos nacionalistas convocan unha folga xeral para o vindeiro 26 de setembro en Euskadi e Navarra. Oito sindicatos e máis de cen colectivos sociais apostan por un paro total "en Euskal Herria". Imaxe de @gorkaquevedobar
A prima de risco sobe por riba dos 580 puntos e o interese supera o 7% logo da subasta, na que o Tesouro colocou 2.981 millóns de débeda, aínda que volvendo subir os tipos.
CCOO e UGT non descartan a folga xeral ante "a agresión multidireccional" do Goberno e reclaman á cidadanía que "mire ao seu redor" e saia á rúa este xoves en contra dos recortes do Goberno.
Montoro insiste en sinalar os empregados públicos. "Os funcionarios teñen que traballar máis; o seu soldo págao toda España, non o pagan eles cos seus impostos", di o ministro de Facenda. #pleno
#pleno Montoro: "Non hai cartos para pagar os servizos públicos", asegura o ministro de Facenda, que insiste en que o déficit "obria a prescindir do que non se pode pagar".
O diario El País resume os documentos do rescate que ocultou o Goberno central. O gabinete de Mariano Rajoy tampouco lle revelou á prensa española canto prevé recadar ou deixar de gastar con cada recorte.
Esta mañá debátese no Congreso dos Deputados a convalidación do decreto de recortes, defendido dende a tribuna polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Amaiur, Esquerra, Izquierda Plural e mais o BNG xa anunciaron que se ausentarán do hemiciclo durante a votación para non seren "cómplices" das medidas que está previsto que o PP aprobe en solitario.
CCOO e UGT esixen tamén un referendo sobre o paquete de recortes. Dende Galicia o BNG xa o solicitou formalmente, tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento galego. Na Cadena SER.
Nas portadas dos diarios impresos deste xoves a economía comparte espazo cos atentados de Siria sucedidos onte. El Periódico de Catalunya repasa na súa primeira páxina as promesas do programa electoral do PP e as medidas que tomou o Goberno central en sentido contrario.
A asociación de veciños coruñesa de Oza-Gaiteira-Os Castros pide ao Concello que manteña a súa promesa de mudar o nome da rúa General Sanjurjo pola de Avenida de Oza para "non borrar a historia e a pegada que o antigo Concello de Oza tivo na cidade". A agrupación aposta por unha rúa para o Deportivo, pero "non a costa de borrar a nosa memoria colectiva".