Extremadura tenta crear unha fronte contra o reparto del déficit do Goberno. Monago cualifica o reparto que propón Rajoy de "inxusto e arbitrario" e denuncia que beneficia excesivamente feudos tradicionais do PP como Madrid, Valencia e Baleares.
Fálase
O PP enterra a promesa de publicar as declaracións de renda dos seus dirixentes. Pasaron xa tres meses e os conservadores seguen escudándose en que non chegaron a un acordo cos socialistas sobre o formato para non publicar estes datos.
Os grupos municipais de Ourense exclúen as comidas privadas e o alcol dos gastos a sufragar con cargo ao Concello. O grupo Democracia Ourensana ve "ridículo" implantar unha "lei seca" e coida que a cidadanía xa xulga estes gastos "nas eleccións". Cóntao La Región.
Pescanova logra 55 millóns de liquidez para evitar o seu colapso, segundo adianta Faro de Vigo. Bankia, Sabadell, Banco Popular, NCG, CaixaBank e Deutsche Bank préstanse a colaborar.
O deputado do PP e ex alcalde de Lugo Joaquín García Díez di que as persoas afectadas polas preferentes están "manipuladas" nas súas protestas contra a formación conservadora. Cóntao Galiciaé
Rubalcaba considera "prematuro" dicir "que caeu o bipartidismo". Afírmao tras coñecer as enquisas que, nas últimas horas, auguran unha forte caída de PP e PSOE a nivel estatal. Recólleo El Diario.
Rajoy maniféstase satisfeito co funcionamento da reforma laboral e asegura non ter "intención de cambiala". Díxoo tras reunirse co primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho.
NASA pasa a usar Linux en vez de Windows. A axencia espacial norteamericana decidiu migrar os sistemas operativos dos ordenadores da Estación Espacial Internacional
El Jueves presenta a súa portada desta semana, que vai dar que falar. De novo o rei Juan Carlos como protagonista e a polémica exclusión da infanta Cristina como imputada do caso Nóos como tema central. O mércores, no quiosco.
Nova Escola Galega organiza os días 24, 25 e 26 de maio en Rianxo, Boqueixón, Silleda e Oroso o IV Seminario sobre a memoria: Da loita pola terra á loita pola democracia, do agrarismo á guerrilla antifranquista