Sin Permiso publica un artigo de Robert Fisk no que reflexiona sobre a explicación escollida pola meirande parte dos medios de comunicación (un ataque de loucura) sobre o masacre perpetrado por un sarxento do exército norteamericano hai unhas semanas en Afganistán.
Fálase
O actual presidente de Timor Leste, José Ramos-Horta, fica fóra da segunda volta das eleccións presidenciais, celebradas este sábado. Lu-Olo e Taur Matan Ruak (apoiado por Xanana Gusmão, que en 2007 fixo campaña por Ramos-Horta) disputarán esta segunda volta o 14 de abril.
Intensos enfrontamentos entre o exército sirio e os rebeldes en varios barrios da capital do país, Damasco. Máis información en Al-Jazeera.
O Rosal, onde se calcula que o dez por cento dos seus habitantes está afectado polas preferentes de Nova Galicia Banco, mobilízase para pedir que lles devolvan os cartos.
"Somos o grito do pobo". Unhas 100.000 persoas volveron tomar a Bastilla, en París, convocadas pola Fronte da Esquerda. "Apoiámonos neste sitio", lugar de inicio "das revoltas e revolucións en Francia. Somos a bandeira vermella", clamou Jean-Luc Mélenchon
Lembrade que este luns na Coruña os traballadores de Alcoa doarán sangue no Obelisco a partir das 10:00 horas. Este acto de solidariedade enmárcase dentro das accións reivindicativas que están levando a cabo para defender seus postos de traballo. Xa levaron alimentos á cociña económica para agradecer o apoio da cidadanía coruñesa.
Aquí tedes o vídeo do flashmob pola independencia de Cataluña que se celebrou este mediodía en Barcelona. "La plaça de Catalunya de Barcelona s'ha omplert de gent i d'estelades aquest migdia durant la realització del Flashmob per la independència", cita Vilaweb.
O Cadernos desta semana vén cargado de boas análises. Entre as novas que destaca a publicación está a da decisión de Alemaña de pechar as portas da cobertura por desemprego aos parados procedentes de España. Destacamos, asemade, estoutros posts:
- As asociacións de Suíza rexeitan o anteproxecto de reforma da Lei de Galeguidade da Xunta. Enlace
- As historias da nova diáspora galega na rede, de Sara Comesaña. Preme aquí
- Editorial: Unha oportunidade? "Somos nós, os pesimistas, os que xa marchamos, os que queremos darlle unha oportunidade a Galiza, despois do fracaso colectivo que representa a emigración. Construamos desde fóra esa esperanza, agora que aínda estamos a tempo", apunta Cadernos.
Diario de Toledo asegura que o marido de Dolores de Cospedal se beneficia de adxudicacións da televisión pública de Castilla La Mancha. Menciona en concreto a Vertice 360, da que Ignacio López del Hierro é conselleiro. Esta firma resultou beneficiaria de catro dos sete concursos públicos da canle de televisión. Enlace á nova
Miles de ortodoxos choran hoxe a morte do papa Shenuda, que faleceu en Exipto aos 88 anos. Shenuda III fora elixido patriarca en 1971. A imaxe é de Reuters