O PP négase a apoiar no Congreso unha proposición non de lei do BNG para dotar de carga de traballo aos estaleiros de Vigo e da Ría de Ferrol. En xuño de 2011 o PP votou a favor destas cuestións nunha moción do BNG aprobada en Pleno. En cambio, agora que está no Goberno a súa posición é distinta.
