Os reis de España apoiaron un implicado no caso das tarxetas black de Caja Madrid cando estourou o escándalo. Revélao en exclusiva eldiario.es
Fálase
O Consello de Informativos de TVE critica a designación de Eladio Jareño -antigo dircom do PP en Cataluña- como director da televisión pública. Cualifícano de "partidista, censor e manipulador" e din que culmina a "colonización política" do ente.
Cotobade e Cerdedo realizarán un referendo sobre a fusión municipal se a Xunta o autoriza. A consulta levaríase a cabo antes do verán.
O TC tumba parte da reforma local por invadir competencias autonómicas. O Constitucional anula a prohibición de que os concellos ofrezan servizos sociais e sanitarios
A vitoria de Sanders en Michigan permítelle manter aberta a loita con Clinton no lado demócrata. Nos republicanos, Trump fíxose con tres dos catro estados en xogo. Os comicios en Florida, Ohio ou Illinois, o vindeiro martes, serán decisivos en ambos os dous partidos.
O PP de Pontevedra acusa o alcalde de obrigar a veciñanza a "tener un cerdo en casa para que se coma los restos" por mor do novo modelo de recollida selectiva de lixo. Recólleo Pontevedra Viva
Pallas@s en Rebeldía están xa en Idomeni "provocando risos" entre as nenas e nenas refuxiadas. Así contan para Praza Pública o obxectivo da súa viaxe á fronteira entre Grecia e Macedonia
O PP asegura que "mentres goberne" en España, Arnaldo Otegi "non será candidato a nada". Afirmouno o voceiro dos populares, Pablo Casado.
A ONU carga contra o acordo da UE e Turquía que contempla deportacións masivas de persoas refuxiadas. O alto comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados advirte de que a Unión está a bordear a legalidade internacional.
Greenpeace celebra a operación levada a cabo pola Garda Civil contra a empresa Vidal Armadores, acusada de pesca ilegal na Antártida. Greenpeace leva años investigando e expoñendo as conexións coa pesca non declarada e non regulamentada desta compañía con sede en Ribeira.