O PP ratifica hoxe o seu voto en contra á iniciativa do BNG contra a pobreza enerxética que incluían, entre outras medidas, un plan para evitar os cortes da luz durante o inverno.
Fálase
A PAH denuncia que, dende comezos de ano, as ordes de desafiuzamento non inclúen data para así dificultar as mobilizacións. En El Diario.
A xuíza De Lara ergue o segredo de sumario sobre toda a operación Pokémon, agás "algúns folios distribuídos en diferentes tomos" que "xa forman parte dunha peza separada".
4gotas explica as causas e o desenvolvemento das catro borrascas que golpearon Galicia nos últimos días e destaca que, a pesar de que este mércores se espera unha nova fronte e que o venres chegará unha nova cicloxénese explosiva, as chuvias desaparecerán a partir do domingo ou o luns
Este 11 de febreiro celébrase o día contra a vixilancia masiva de internet e en lembranza de Aaron Swartz. Reddit, Mozilla ou Tumblr, entre máis de seis mil webs, protestan contra a NSA.
Xa se pode usar Telegram en galego. Un grupo de usuarios levou a cabo a tradución desta aplicación de mensaxería na súa versión Android. En paralelo, Pablo Belay levou a cabo unha tradución ao galego da aplicación web non oficial, que se pode probar nos servidores de chuza.gl
A asignación orzamentaria da Casa Real (7,7 millóns de euros este ano) só paga unha décima parte dos gastos que xera o rei e a súa familia, segundo publica Vozpópuli. Os ministerios de Presidencia, Defensa, Exteriores, Interior e Facenda contan con partidas destinados ao monarca que roldan os 70 millóns de euros anuais
Un grupo de estudantes boicotea unha conferencia de Baltasar Garzón na USC. O ex xuíz participa nunha serie de relatorios na Facultade de Ciencias da Educación. Imaxe de @agirgaliza.
El Periódico inicia unha campaña para que Barcelona lle dedique unha rúa ao actor Pepe Rubianes, finado hai catro anos.