Unha entidade ligada con Marina Castaño quedou co IVE das obras da Fundación Cela, subvencionadas con fondos públicos, segundo conta Europa Press.
Fálase
Nélida Piñón ingresa na RAG como embaixadora mundial de Galicia e destaca a importancia do país na súa aprendizaxe.
A reforma enerxética pecha a única planta de puríns de Galicia logo dun investimento de 22 millóns de euros.
O socialismo portugués elixe candidato para as lexislativas. Será o primeiro proceso de primarias a nivel nacional dun partido de Portugal.
Rajoy nomea a Sáenz de Santamaría "responsable da bandeira e símbolos nacionais". A vicepresidenta será quen vixíe posibles incumprimentos no uso de símbolos durante o proceso soberanista.
O Lugo vence 4-3 o Osasuna nun emocionante partido no Anxo Carro. O equipo lucense remontou en dúas ocasións para gañar cun tanto no último minuto do encontro.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto concéntrase mañá en varias cidades galegas para celebrar a retirada do ante proxecto de Gallardón, reclamar os dereitos sexuais e reprodutivos e pedir a retirada do recurso constitucional á norma vixente no Constitucional. As manifestacións serán en Compostela, na Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.
Pachi Vázquez pugnará por ser o candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense. Veno de anunciar nun acto, no que asegurou que se presentará ás primarias.
España ocultou a Europa a súa decisión de impoñer a taxa Google. A Comisión podería paralizar agora a lei estatal.
Atraca en Vigo o cruceiro máis grande do mundo. Oasis of the Seas botou o áncora no porto vigués ás sete desta mañá.