A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto concéntrase mañá en varias cidades galegas para celebrar a retirada do ante proxecto de Gallardón, reclamar os dereitos sexuais e reprodutivos e pedir a retirada do recurso constitucional á norma vixente no Constitucional. As manifestacións serán en Compostela, na Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.
