Un Jordi Pujol desafiante preséntase ante o Parlament como unha vítima e nega que os cartos que a súa familia mantiña ocultos no estranxeiro tivesen como orixe a corrupción ou o cobro de comisión por parte dos seus gobernos. Os deputados das CUP abandonaron a comisión ante a negativa de Pujol a contestar claramente ás preguntas dos grupos parlamentarios.
