O PSOE medita agora apoiar a Juncker e Cañete e non descarta votar a prol da nova Comisión Europea, segundo adianta El Mundo.
Fálase
O Sergas prolonga sen data o peche dun milleiro de camas hospitalarias. Sanidade comprometérase a reabrilas ao finalizar setembro.
Rajoy desfaise da lei do aborto e encárgalla ao grupo parlamentario do PP. Buscará o consenso cos outros partidos para endurecer as interrupcións do embarazo no caso das menores.
Xunta e Goberno central devolverán o 25% da extra a uns 123.000 funcionarios. O Executivo central a final de ano e o galego, entre 201 e 2016.
Héctor Gómez, profesor de Matemáticas Aplicadas na UDC, foi seleccionado pola revista do Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT), como un dos dez innovadores menores de 35 anos do ano 2014.
O PPdeG rexeita no Parlamento galego a retirada do recurso do partido contra a actual lei do aborto no Tribunal Constitucional. Máis información, hoxe en Praza.
Mas asinará o decreto de convocatoria do referendo este sábado. Convocará as urnas logo da publicación da lei de consultas no diario oficial da Generalitat.
Cesan nos seus cargos a xerente do Sergas, Nieves Domínguez, e o director xeral de Traballo, Odilo Martiñá
Cesan nos seus cargos a xerente do Sergas, Nieves Domínguez, e o director xeral de Traballo, Odilo Martiñá
O Consello da Xunta aproba unha proposta de conservación da praia das Catedrais. O Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo reclaman que Augas Santas e a súa contorna sexan declarados como Parque Natural.